Archivo de la etiqueta: Jeremie

Resumen convocatoria Préstamos Jeremie

Descripción:

JEREMIE é unha iniciativa da Comisión Europea desenvolvida xunto co Fondo Europeo de Investimentos. A súa finalidade é promover o uso de instrumentos de enxeñaría financeira para mellorar o acceso das PEMES ao financiamento a través das intervencións dos Fondos Estruturais. Esta iniciativa permite utilizar parte dos Fondos Estruturais europeos asignados para investir en instrumentos reembolsables como fondos de capital risco, de préstamo ou de garantía.

Para acometer proxectos de investimento produtivos no territorio galego, a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) formulan a constitución dun instrumento financeiro, cofinanciado con fondos procedentes do Programa Operativo FEDER 2007-2013, co obxecto de facilitar o acceso ao crédito a aqueles proxectos economicamente viables que encontran dificultades de acceso ao financiamento ou a custos comparativamente superiores (ver ficha).

Investimento financiable mínimo:

O presupuesto mínimo establécese en 100.000 €.

Límite máximo da axuda:

  • Préstamo ata un 70% do investimento financiable.

Xuros:

O tipo de xuro fixo, determinarase no momento da concesión para toda a vida do préstamo, será o resultado de sumar á media aritmética do euribor a 1 ano do mes anterior á concesión un diferencial determinado en función do importe inicial do préstamo, conforme aos seguintes tramos:

  • Tramo de 70.000 a un máximo de 300.000 euros: 0,75 %
  • Tramo de 300.001 a un máximo de 600.000 euros: 1,5 %
  • Tramo de 600.001 a un máximo de 1.050.000 euros: 3 %

 Inversións subvencionables:

  1. Activos fixos materiais: Adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario.
  2. Activos intanxibles: Aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licencias de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.

Prazos de presentación:

O prazo rematará o 31 de marzo de 2016 ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario.

Deja un comentario

Archivado bajo Ayudas, Financiación